Monday 13 de May de 2024

Cambre entregou hoxe os premios do concurso #Faiteuncambrie


O alcalde agradeceu aos participantes o traballo para difundir o patrimonio cambrés, “É importante coñecelo para coidalo ben”

O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, entregou hoxe os premios da segunda edición do Concurso de Selfies “Faiteuncambrie”, evento que ten como obxectivo poñer en valor a imaxe do patrimonio cultural, arquitectónico, natural e paisaxístico do concello.
O xurado, composto polos fotógrafos profesionais Xacobe Melendrez Fassbender, Pedro Pastor, e Denia Priegue Louro, fallou os premios do certame tras analizar os case 40 imaxes colgadas nas redes (Facebook, Twitter e Instagram co hashtag #faiteuncambrie).
Segundo o alcalde de Cambre. Óscar García Patiño, o concurso tenta potenciar e poñer en valor a paisaxe natural e o patrimonio cambres a través da tecnoloxía. “O noso interese é dar a coñecer os recunchos máis fermosos do noso municipio utilizando as novas tecnoloxías como canal de comunicación efectivo”, apuntou. Tamén agradeceu aos participantes o traballo para difundir o patrimonio cambrés, “É importante coñecelo para coidalo ben”

Na entrega fíxose unha conexión en directo cun dos grupos gañadores do Certame, gc.isturiz, que se atopaba nunca viaxe cultural organizada pola Omix.
Este ano ampliáronse os premios e haberá dous en cada unha das tres categorías de Selfies.

-A gañadora do 1º Premio na categoría Mellor Selfie (mellor selfie que poña en valor a imaxe do patrimonio cultural, histórico, natural e paisaxístico do municipio) foi “chasteli” cunha imaxe da igrexa románica de Cambre, que recibiu un teléfono móbil de última xeración Samsung Galaxy J7 e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre.

E o segundo Premio nesta categoría foi para Roi Neira, que recibiu un pau selfie e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre.

-O gañador do 1º Premio na categoría Mellor Selfie Grupal (Premiarase a imaxe máis orixinal en que aparezan polo menos dúas persoas) foi para MAxi Vaz, que recibiu un teléfono móbil de última xeración Samsung Galaxy J5 e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre. E o Segundo premio nesta categoría foi para “Lemon coutereanphoto”, que recibirá un pau selfie e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre.

-E polo que respecta ao gañador na categoría Mellor Selfie máis divertido o premio foi para gc.isturiz, que recibiu un teléfono móbil de última xeración Samsung Galaxy J3 e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre. E o segundo premio foi para “bribesemoito”, que recibirá un pau selfie e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre.

Asemade, o xurado fixo unha mención especial á creatividade artística e inspiración de Maxi Vaz, coa imaxe no Apeadeiro de Cecebre.